Segundo as crónicas, Redondela estivo habitada desde a época dos Saefes ou Celtas. Xogou un importante papel durante as invasións, pois era un punto idóneo de ubicación para os campamentos guerreiros, sendo un dos trampolíns para o despegue económico e cultural da ría. Así o demostran as antigas inscricións e achados nas diversas parroquias do concello, tales como Cabeiro, Cedeira, Cesantes, Negros, Quintela, Saxamonde, Trasmañó, Ventosela, Vilar de Infesta e O Viso.
A situación estratéxica de Redondela é de indubidable importancia, xa que por ela pasaban as vías romanas XIX e XX, esta última coñecida como "per loca marítima", que unían Braga con Lugo por Betanzos. Os restos que se conservan destas vías son escasos; sen embargo, son abundantes os achados de miliarios nas parroquias de Cesantes, Quintela, Saxamonde e Vilar de Infesta.
Miliario ( do latín miliarius ), unha columna cilíndrica, oval ou paralelepípida que se colocaba no borde das vías romanas para sinalar as distancias ( de mil pasos ou milla ). So a ser de granito, coa base cúbica ou cadrada e medía entre 2 e 4 metros, cun di metro do 0,50 a 0,80 metros. Algún levaba inscricións gravadas directamente, dependendo esta da importancia da calzada ou da proximidade ou afastamento de Roma.
A maior a dos milairios presentan uns caracteres descoidados e rústicos, sen preocupación polo estilo. A medida que nos achegamos ó final do Imperio Romano acentúase esta tendencia. A forma das letras e as súas dimensións varían moito e incluso se observan variacións rexionais.
Os que non carecen de inscrición ou simplemente honoríficos, sinalan as distancias entre os lugares nos que foron colocados e o punto de chegada ou partida da calzada, que adoitaban ser a capital dos conventos xurídicos: Braga, Lugo, Astorga. Por aquelas centurias, Redondela era bracarense.
O miliario romano sinalaba os camiños do Imperio a través de todas as terras sobre as que se estendía o seu dominio. É un dos elementos procedentes do mundo pagán que foi posteriormente cristianizado por medio da cruz e que deixou a súa pegada no "cruceiro". Os topónimos "Marco", "Marcón", "Milladoiro" e "Pedra Fita", poden advertir a presencia dun miliario.
O feito de que nunha poboación se localicen antigos miliarios non acredita que esta fose fundada polos romanos, aínda que si servían para indicar o trazado das vías que eles construíron para a explotación pesqueira, comercial, mineira ou con fins militares.
Entre os catalogados en Galicia citamos o máis antigo, o ourensán de Calígula que data do ano 40 d.C., e o máis recente, o de Decencio, localizado en Quintela (Redondela), do 351 d.C.
Se comparamos o número dos inventariados no termo municipal de Redondela con respecto a outras zonas ou poblacións, podemos presumir dunha moi substanciosa nómina, cun total de cinco milairios. A provincia de Ourense conta con sesenta, a de Pontevedra con vinte (incluídos os de Redondela ) mentres que en Lugo e A Coruña hai un número menor. De subliñar que en Italia hai rexistrados cincocentos miliarios e desta cifra podemos deducir que Redondela foi un importante eixo das calzadas romanas.
Castelao afirma que "O Cruceiro" galego é fillo do miliario cristianizado que se transformou en mastro, con esculturas que se mansifestan nos calvarios.
Acerca dos miliarios localizados no concello de Redondela e que a continuación detallamos, a excepción dun de Cesantes, foron solicitados e catalogados polo redondelón D. Casto Sampedro Folgar a finais do século pasado, sendo depositados na Sociedade Arqueolóxica de Pontevedra, na actualidade Museo de Pontevedra. A intención de Sampedro era rescatalos do deterioro que estaban padecendo e incluso da súa posible perda. Esperamos que o día no que Redondela dispoña dun museo propio pasen a formar parte do mesmo.
INVENTARIO
PARROQUIA DE CESANTES
N 1.- NUMERARIO: Miliario dedicado a Marco Aurelio Numerario, emperador romano (282-284 d.C.)
IMP .C.P.F
NUMERI
ANO
INVICTO
AVG.
Imp(eratori) C(aesari) P(io) F(elice) / Numeri / Ano / Invvicto / Aug(usto)
Emperador César Numeriano, P o, Feliz, Invicto, Augusto
|
Dimensións:
- Alto 2,16 metros
- Circunferencia inferior: 1,55 m.
- Circunferencia central: 1,80 m.
- Cincunferencia superior: 1,97 m.
- Letras: 9 e 10 cm
|
|
Foi atopado no Sobreiro "Fonte dos Frades", lugar moi próximo ó mar, no barrio de Outeiro das Penas e entregado á Sociedade Arqueolóxica de Pontevedra por D. Maximino Cabaleiro en 1896.
|
N 2.- ?, : Trozo inferior dun milairio, a nda sen catalogar nin estudiar.
|
Dimensións:
- Alto 1,55 m
- Circunferencia: 1,70 m.
- Letras: non se aprecian (pendente de estudio)
|
|
Foi localizado a case un metro de profundidade ó facer un pequeno desmonte na leira denominada O Sobreiro (inmediata á Fonte dos Frades) no ano 1975, cando foi adquirida esta propiedade polos señores Fernández Pérez, Groba Rodríguez e Pache Cabezas a D. Heinz Gerd Sauer (alemán, veciño de Vigo) mediante escritura pública do 4-7-1974. Anteriormente a esta data era unha soa propiedade de 12.000 metros dedicada a toxal e labradío. Na actualidade está dividida en tres parcelas.
|
PARROQUIA DE QUINTELA
N 3.- DECENCIO: Miliario dedicado a Decencio, césar romano (351 d.C.) Suicidouse en Sens, no ano 353 da era cristiá .
D. N
MAGNO
DECENCIO
CAESARI
VICTORI.
D(omino) N(ostro) / Magno / Decencio / Caesari / Victori
Noso Gran Decencio, Victoria de César
|
Dimensións:
- Alto 0,8 metros
- Circunferencia : 1,13 m.
- Letras:12 cm
|
|
O texto da inscrición ser a máis extenso, pois apréciase que está unido a unha base de granito que non é a orixinal. Este miliario facía de soporte a unha mesa de pedra moi próxima á igrexa parroquial de San Mamede. Foi depositado na Sociedade Arqueolóxica de Pontevedra polo cura párroco en 1896.
Sobre este achago, Castelao manifesta que pertence á vía "per loca mar tima" e foi utilizado como soporte dunha cruz antes de ser rescatado polo Museo da Sociedade Arqueolóxica de Pontevedra, do que deducimos que se trata dun miliario cristianizado.
Sampedro e Folgar sostén que puidese proceder dunha vía romana transversal á 1ª militar que enlazase esta coa que vai desde Tui a Caldelas, partindo de Padróns, na falda oriental do monte Saramagoso, e que empalmase en Redondela con aquela.
|
PARROQUIA DE SAXAMONDE
N 4.- ADRIANO: Miliario dedicado a Publio Elio Adriano, decimoquinto emperador romano, entre os anos 117 e o 138 da era cristiá.
IMPCAESTRAIANO
ADRIANO AV
PONTIFMAX
TRIBPOTEST II
COS III PPAT
MPXVII
Imp(eratori) Caes(ari) Traiano / [H] adriano Au [g(usto)], Pontif(ici) Max(imo), Tri(bunicia) Postest(ate) [XVI] II, / Co(n)s(uli) III, P(atri) P(atriae). / [ A T(ude)] M(ilia) P(assuum) XVII.
|
Dimensións:
- Alto 2,90 metros
- Circunferencia : 2,29 m.
- Letras:10 cm
|
|
Este miliario está dividido en catro partes, cortadas de arriba a abaixo, que foron utilizadas como postes para parras. Dúas foron localizadas pola Sociedade Arqueolóxica de Pontevedra en 1877 na propiedade coñecida como "Socalco de Viegadeira", barrio de Padrón, a uns 30 metros do camiño chamado "Estrada Vella". As outras dúas partes encontráronse na parroquia limítrofe de Quintela.
|
PARROQUIA DE VILAR DE INFESTA
N 4.- Miliario denominado "O Marco" ou "Anta de Maniola".: Miliario denominado "O Marco" ou "Anta de Maniola". Con esta última denonimación coñecíase na Idade Media polo nome do val que alí comeza. M. Piñeiro atribúello a Traxano ( século II da era cristiá )
|
Dimensións:
- Alto 1,70 metros
- Circunferencia superior: 1,88 m.
- Circunferencia inferior: 1,93 m.
- Letras:non se aprecian
|
|
Este miliario atópase aínda "in situ", a uns 70 metros da capela de Santiaguiño de Antas (Mos), antigo camiño real. Serve de deslinde entre o concello de Redondela e as parroquias de Louredo e Guizán do concello de Mos.
A primitiva inscrición foi moi maltratada. Presúmese que os veciños e devotos ó non entenderen a lenda latina que posuía, converteron en cruces os trazos rectos das letras, facéndoas desaparecer. Este é outro caso peculiar de cristianización.
O miliario en cuestión é obxecto de prácticas supersticiosas. Os veciños gárdanlle tanta fe que se santigan cando pasan lado del. Considerouse este miliario como dador de sorte, profiláctico e fonte de fecundidade. As mulleres estériles fregaban o ventre contra a pedra co obxecto de seren fértiles.
En 1931 foi adquirido pola Sociedade Arqueolóxica de Pontevedra. A pesar de que fixeron unha réplica para substituílo, no momento en que os señores Sampedro Folgar, Filgueira Valverde, Novas e o gobernador civil D. Angel del Castillo intentaron permutalo para levar o orixinal ó museo, os veciños fixeronlle fronte, manifestando que "o Marco non se movía de alí". De nos ser polo primeiros, a garda civil ter a cargado contra os veciños. O señor Sampedro manifestou entón que "ben está, sigan defendendo a pedra e non deixen que a leve calquera mercachifle". Alí quedaron o miliario verdadeiro e a réplica.
Na actualidade at pase nun notable estado de abandono. Esperamos que as autoridades locais e provinciais tomén interese no asunto e protexan o miliario, pois trátase dunha valiosa reliquia do pasado que ben merece ser conservado e adecentado.
|
viasromanas.pt
|